Eva Mejuto e Nee Barros gu¡annos nunha viaxe polas realidades LGTBIQ+ chea de cor, iron¡a e gana de revolucionar o d¡a a d¡a. Para iso, contan cos luminosos debuxos de Julia Lago e a axuda dun ser que vén doutro planeta e que non entende nada... a¡nda.
Un libro para espertar a curiosidade, que anima a buscar cancións, citas e referentes que cómpre ter preto, pero tamén para falar (sen tabús) de como é amar, ser, sentir ou simplemente vivir máis alá das normas que a sociedade nos impón.
Quen dixo que só hai unha maneira de estar no mundo?